Servizos

FORMACIÓN

Curso LSE:

A sociedade co paso do tempo amósase cada vez máis concienciada sobre a integración e a comunicación coas Persoas xordas, Xordocegas e con discapacidade auditiva, amosando así un interese crecente pola lingua de signos.

As nosas accións formativas estás adaptadas en base ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas.

Extraescolares:

O principal obxectivo desta actividade é que os nenos/as aprendan unha lingua nova. Un xeito de romper barreiras de comunicación e lograr a integración de todos.

Unha actividade innovadora e, sobre todo, moi divertida, deseñada para desenrolar as competencias e as habilidades necesarias para afrontar o desafío de falar coas mans.

As lenguas sempre reforzan a parte humana. Os nenos poderán mellorar as súas habilidades sociais de comunicación, que hoxe en día son cada vez máis importantes.

ADAPTACIÓN DE PÁXINAS WEB

Adaptación da información da empresa, ben sexa o contido que facilita na súa web ou a información que achega a sociedade; por exemplo, adaptar anuncios ou vídeos de promoción da empresa para que sexan adaptados a lingua de signos e chegue ao colectivo de persoas xordas.

INTÉRPRETES

A presenza da figura profesional da intérprete de lingua de signos é necesaria en calquera situación na que existan barreiras de comunicación.

A intérprete de lingua de signos é unha profesional competente en lingua de signos e en lingua oral dun entorno, capaz de interpretar as mensaxes emitidas nunha desas linguas ao seu equivalente na outra, de forma eficaz e simultánea. A principal función é igualar a situación de comunicación entre as personas xordas usuarias da lingua de signos e as persoas non competentes na mesma. É unha ponte de comunicación entre ambas linguas e culturas.

No desempeño da súa actividade réxese baixo un código deontolóxico que ten coma piares fundamentais a neutralidade, a fidelidade e a confidencialidade.

A presenza da figura profesional da intérprete de lingua de signos é necesaria en calquera situación na que existan barreiras de comunicación.

VÍDEO-INTERPRETACIÓN

A vídeo-interpretación é un procedemento de comunicación baseado na tecnoloxía que posibilita a videoconferencia.

Asímesmo, a vídeo-interpretación en lingua de signos española permite as persoas xordas ou con discapacidade auditiva e personas oíntes, comunicarse entre elas mediante a figura do vídeo-intérprete de lingua de signos.

Deste xeito, os seus usuarios poden intercambiar información con total independencia e autonomía, dende a súa propia casa, e baixo a modalidade de comunicación que desexen, sen que sexa necesario que o intérprete estea físicamente presente.

CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN

Amósanse propostas prácticas de actividades de sensibilización a realizar coa comunidade educativa en centros que escolaricen, ou non, alumnado con discapacidade auditiva.

Con ilo se pretende proporcionar información xeral sobre a xordera e as súas consecuencias, os factores de risco e os signos de alerta, os recursos para o acceso a comunicación e os recursos educativos necesarios para asegurar a inclusión educativa do alumnado con problemas auditivos.

Obxectivos:

  • Reflexionar sobre as implicacións prácticas dos problemas auditivos.
  • Desenrolar estratexias para o deseño de actividades de sensibilización sobre a discapacidade auditiva en centros educativos<>/li>